16 dic 2014

Constitución do Consello Escolar

Hoxe, día 16 de decembro, constituise o Consello Escolar cos membros elexidos nas pasadas eleccións de novembro.

O Consello Escolar do CEP Brea Segade está formado por:

EQUIPO DIRECTIVO
Andrea Pérez Garabán
Isabel Torrente Seco

REPRESENTANTES DAS FAMILIAS DO ALUMNADO
Anxela Calvo Eiras (elixida nas eleccións de 2012)
Mª José Fungueiriño Tubío (elixida nas eleccións de 2014)
José Francisco Fungueiriño Martínez (representante proposto pola ANPA)

REPRESENTANTES DO PROFESORADO
María León Carpintero (elexida nas eleccións de 2012)
Alma María Caamaño Romero (elixida nas eleccións de 2014)
Esperanza Patiño Vicente (elixida nas eleccións de 2014)

REPRESENTANTE DO CONCELLO
Ana Agrelo Rey

As candidaturas menos votadas nos sectores do profesorado e familias quedan como suplentes dos membros que teñan que abandonar o Consello Escolar con anterioridade ás próximas eleccións. Segundo os resultados das últimas eleccións, a persoa suplente no sector das familias é María Yolanda Martínez López e no sector do profesorado, Martín Antonio Mosquera Liñares.

24 oct 2014

Eleccións ao consello escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares (DOG do 1 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

- Corresponde elixir no presente proceso electoral a un pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2012.

- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais dos alumnos matriculados no Centro e incluídos no Censo correspondente que desde o día 16 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 18 de novembro.

- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se inclúe. As candidaturas poderán ser presentadas ata o día 31 de outubro.

- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 5 de novembro, ás 17:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 26 de novembro, de 09:30 a 17:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:15 horas.

- Na papeleta de votación cada elector fará constar un só nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.


A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Andrea Pérez Garabán



Achégase o modelo para presentar a candidatura:
________________________________________________________


24 sept 2014

Presentación do novo curso

Reunión inicio de curso

Estimadas familias,

Lembrámosvos que mañá mércores, día 24 de setembro, ás 17:30 haberá unha reunión xeral no centro para todas as familias do alumnado do CEP Brea Segade e, a continuación, realizaranse as reunións de titoría de principio de curso.

Agardamos a vosa participación.

2 jun 2014

Gratuidade solidaria: Novidades nas axudas

Principais novidades da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto a utilizar no curso escolar 2014-2015:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015, a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

31 may 2014

Gratuidade solidaria 2014/15

Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/2015 (Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014).


As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.


O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

A documentación a achegar en cada caso é a seguinte:
Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2012:
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
* O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitude da axuda.

As solicitudes poderán obterse na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán  descargar en formato pdf.
Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

25 abr 2014

Admisión de alumnado 2014/15: listados provisionais de admitidos/as

A totalidade do alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2014/15 obtivo praza no centro. A baremación non foi necesaria xa que a oferta de prazas supera as solicitudes. Nesta entrada publícanse os listados provisionais de alumnado admitido nos cursos para os que houbo solicitudes de admisión:

1º curso de educación primaria
2º curso de educación primaria

* As listaxes definitivas non varían respecto ás publicadas como provisionais.

22 abr 2014

Proceso de admisión 2014/15

Estas son as datas a ter en conta no proceso de admisión do alumnado para o curso 2014/2015:

Reserva de praza - Do 1 ao 15 de febreiro
Publicación de vacantes - 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión - Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos - Antes do 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas - Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula - Do 20 ao 30 de xuño

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.