24 oct 2014

Eleccións ao consello escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares (DOG do 1 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

- Corresponde elixir no presente proceso electoral a un pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2012.

- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais dos alumnos matriculados no Centro e incluídos no Censo correspondente que desde o día 16 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 18 de novembro.

- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se inclúe. As candidaturas poderán ser presentadas ata o día 31 de outubro.

- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 5 de novembro, ás 17:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 26 de novembro, de 09:30 a 17:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:15 horas.

- Na papeleta de votación cada elector fará constar un só nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.


A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Andrea Pérez Garabán



Achégase o modelo para presentar a candidatura:
________________________________________________________